DATOS DE CONTACTO
Cita previa: Concelleiro Diego Fernández López.
t. 981 77 00 11 c. [email protected]
Fax +34 981 77 65 29
OFICINA DE REHABILITACIÓN
Rehabilitación e mellora do patrimonio construído no Concello de Betanzos:
OFICINA TÉCNICA
A Oficina de Rehabilitación informa e asesora sobre a rehabilitación e a mellora do patrimonio construído no Concello de Betanzos, particularmente na Área de Rehabilitación Integral declarada no seu Casco Histórico. Tamén xestiona a tramitación de axudas dirixidas principalmente á rehabilitación de vivendas e da a coñecer outras subvencións tramitadas por outros organismos.
No menú situado á esquerda pode acceder aos distintos apartados de información relacionada coa Oficina de Rehabilitación.
Este apartado ten carácter informativo. En todo caso prevalecerá a normativa de aplicación.
AXUDAS E BENEFICIOS TRIBUTARIOS VIXENTES PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS
PLAN DE BARRIOS
Dirixido a obras de rehabilitación en edificios completos de uso predominante residencial (vivenda unifamiliar ou colectiva) nos que se acaden uns obxectivos de eficiencia enerxética.
O inmoble debe estar situado no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) do “Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección”, que inclúe os barrios da Nosa Señora do Camiño e da Magdalena.
Esta axuda está tramitada polo Concello de Betanzos e financiada pola Unión Europea-NextGenerationUE.
O prazo de solicitudes de participación na subvención está aberto ata o 30 de decembro de 2025. As obras deberán estar finalizadas o 30 de xuño de 2026.
Máis información na pestana de Plan de barrios.
PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS
Destinada ao financiamento parcial da mellora da eficiencia enerxética nas vivendas individualmente consideradas, sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares.
Pode ser solicitada en todo o municipio de Betanzos.
Esta axuda está tramitada pola Xunta de Galicia (código de procedemento VI406E) e financiada pola Unión Europea-NextGenerationUE.
A convocatoria do ano 2025 estará aberta para a presentación de solicitudes entre o 8 de maio e o 8 de xullo de 2025.
Documento informativo elaborado pola Oficina de Rehabilitación baseado na última convocatoria
ADQUISICIÓN DE VIVENDAS SITUADAS NO CASCO HISTÓRICO
Financiamento parcial do prezo de adquisición de vivenda xa construída (incluída a que precise rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico (PEPOCH) de Betanzos. Poderá suceder que, ademais, estea dentro do ámbito da Área Rexurbe.
Esta axuda está tramitada pola Xunta de Galicia (código de procedemento VI501A).
A convocatoria do ano 2025 estará aberta para a presentación de solicitudes de subvención entre o 27 de xaneiro e o 15 de outubro de 2025.
Para máis información contacte coa Oficina de Rehabilitación.
PROGRAMA DE AVAIS PARA A MOCIDADE
Cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda.
Pode ser solicitada en todo o municipio de Betanzos.
Esta axuda está tramitada pola Xunta de Galicia (código de procedemento VI402B).
A convocatoria do ano 2025 estará aberta para a presentación de solicitudes entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2025.
Para máis información contacte coa Oficina de Rehabilitación.
BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS DE TRIBUTOS NAS ORDENANZAS MUNICIPAIS
En todo o municipio de Betanzos:
- Bonificación do 20% na taxa de licenzas para as obras de rehabilitación.
- Bonificación do 90% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para a instalación de ascensores en edificios xa construídos e que non contan con instalacións deste tipo.
No ámbito do Conxunto Histórico-Artístico:
- Bonificación do 60% na taxa pola ocupación de terreos públicos con materiais de construción.
Na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Casco Histórico:
- Bonificación do 60% na taxa pola ocupación de terreos públicos con materiais de construción.
No ámbito do Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico (PEPOCH):
- Bonificación do 90% no ICIO.
- Bonificación do 60% na taxa pola ocupación de terreos públicos con materiais de construción.
- Exención no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana no caso de terse realizado obras nos 3 anos anteriores.
Documento informativo elaborado pola Oficina de Rehabilitación.
EN ESPERA DUNHA NOVA CONVOCATORIA
PROGRAMA REHALUGA
Ten por por obxecto financiar melloras en vivendas incorporadas ao Programa de mobilización de vivendas para o alugamento (PMVA). As vivendas deben manterse no PMVA un mínimo de 5 anos.
O PMVA permite ao arrendador contar con un seguro de rendas non pagadas, un seguro para a reparación dos danos e asistencia xurídica durante o tempo de duración do contrato.
O Programa Rehaluga está tramitado pola Xunta de Galicia (código de procedemento VI426C) e para o PMVA existen distintas entidades colaboradoras.
Actualmente non hai unha convocatoria aberta para o Programa Rehaluga.
Documento informativo elaborado pola Oficina de Rehabilitación baseado na última convocatoria do Programa Rehaluga
Documento informativo elaborado pola Oficina de Rehabilitación sobre o Programa de mobilización de vivendas para o alugamento
CONVOCATORIAS PECHADAS RECENTEMENTE
FASE 12 DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL
Convocatoria dunha axuda para a edificación dun novo edificio de uso vivenda e cualificación enerxética mínima B en substitución doutro previamente demolido. Non debe confundirse coas axudas á rehabilitación.
O inmoble debe estar situado na Área de Rehabilitación Integral (ARI) declarada no Concello de Betanzos, que inclúe o Casco Histórico, a súa Zona de Protección (barrio da Ribeira) e os barrios da Nosa Señora do Camiño e da Magdalena.
Esta axuda está tramitada polo Concello de Betanzos.
O prazo de presentación de solicitudes pechou o 11 de febreiro de 2025.
Documento informativo elaborado pola Oficina de Rehabilitación
Cartel publicitario
MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN E ÁS VIVENDAS
Axudas para a mellora da accesibilidade tanto en elementos comúns de edificios como dentro de vivendas individuais: ascensores, salvaescaleiras, ramplas, realización de obras de accesibilidade, automatismos, sinais, bucles magnéticos, videoporteiros, etc.
Pode ser solicitada en todo o municipio de Betanzos.
Esta axuda está tramitada pola Xunta de Galicia (código de procedemento VI435B).
O prazo de presentación de solicitudes na convocatoria do ano 2025 pechou o 29 de abril de 2025 (incluso co prazo ampliado).
Documento informativo elaborado pola Xunta de Galicia baseado na última convocatoria
CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS
Destinada á corrección de impactos paisaxísticos, financiando parcialmente obras en fachadas e cubertas de edificios ou en peches de terreos.
Pode ser solicitada en todo o municipio de Betanzos.
Esta axuda está tramitada pola Xunta de Galicia (código de procedemento MT402A).
O prazo de presentación de solicitudes na convocatoria do ano 2025 pechou o 20 de febreiro de 2025.
Documento informativo elaborado pola Oficina de Rehabilitación baseado na última convocatoria
PLANOS DOS ÁMBITOS DAS AXUDAS
Os seguintes documentos teñen carácter meramente informativo e pretenden dar a coñecer de maneira sinxela os ámbitos aos que adoitan referirse as distintas axudas, tanto sobre o plano como nun listado escrito co nome das vías:
A delimitación concreta do ámbito espacial para o que resulta posible solicitar determinadas axudas corresponderá ao que establezan as respectivas bases. En caso de discrepancia prevalecerá a delimitación oficialmente aprobada.
LIGAZÓNS DE INTERESE
PLAN DE BARRIOS EN BETANZOS
Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

O “Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio” está dirixido a obras de rehabilitación en edificios completos de uso predominante residencial (vivenda unifamiliar ou colectiva) nas que se alcancen uns obxectivos de eficiencia enerxética.
O inmoble debe estar situado no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) do “Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección”, que inclúe os barrios da Nosa Señora do Camiño e da Magdalena.
O Concello de Betanzos tramita esta axuda financiada pola Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationEU. A presentación da solicitude da axuda farase mediante a instancia normalizada e os formularios que se inclúen como anexos da convocatoria, preferentemente utilizando a sede electrónica do Concello de Betanzos.
O prazo de solicitudes de participación está aberto ata o 30 de decembro de 2025. Debe terse en conta que as obras deberán estar finalizadas o 30 de xuño de 2026.
Máis información na Oficina de Rehabilitación do Concello de Betanzos (enderezo electrónico [email protected], teléfono 981 77 36 90 e atención presencial na praza da Constitución, 1).
- Documento Informativo
- Ámbito do Plan de barrios
- Cartel Publicitario
- Bases Completas
- Presentación na Sede Electrónica
Formularios para a presentación da solicitude (inicio da tramitación):
- Impreso de solicitude oficial – Sempre obrigatorio
- Anexo 1 Representación
- Anexo 2 Datos das persoas e entidades partícipes nas obras (propietarios ou inquilinos) e interesados na subvención
- Anexo 3 Certificado do acordo da comunidade de persoas propietarias, agrupación de comunidades de persoas propietarias ou sociedade cooperativa
- Anexo 4 Certificado da agrupación de persoas físicas e/ou persoas xurídicas de natureza privada ou declaración da comunidade de bens, propietarias do edificio
- Anexo 5 Declaración responsable do principio de “Non causar un prexuízo significativo ao ambiente” (DNSH) – Sempre obrigatorio
- Anexo 6 Declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) – Sempre obrigatorio
- Anexo 7 Cesión e tratamento de datos persoais – Sempre obrigatorio
Formularios a presentar unha vez rematada a obra:
- Anexo 8 Comunicación da finalización das actuacións – Sempre obrigatorio
- Anexo 9 Acordo de cesión do dereito de cobranza da axuda
- Anexo 10 Escrito de aceptación da subvención
DÚBIDAS FRECUENTES:
É o Plan de barrios o mesmo que a Área de Rehabilitación Integral (ARI) que existe en Betanzos desde 2002?
Non. Trátase de programas distintos con condicións distintas, nas que unicamente resulta coincidente a delimitación.
Actualmente non hai abertas convocatorias de axudas da ARI.
Como podo saber se o meu edificio está incluído dentro do ámbito territorial no que se pode solicitar esta subvención?
O inmoble debe estar situado dentro da delimitación aprobada. Para facilitar a súa consulta, a Oficina de Rehabilitación elaborou un plano do seu ámbito que está acompañado dunha listaxe escrita das vías que comprende.
Para obter a axuda as vivendas teñen que ser domicilio habitual e permanente?
Non necesariamente. Esta era unha condición dalgunhas convocatorias da ARI, non do Plan de barrios.
A esixencia concreta do Plan de barrios é que as vivendas rehabilitadas teñan uso residencial durante 10 anos, o que podería incluír, por exemplo, a segunda residencia. O que non se admite é que as vivendas muden nese tempo a usos distintos ao residencial, como oficinas ou vivendas de uso turístico.
As persoas que interveñen como proxectistas, na dirección da obra ou na dirección de execución (é dicir, as/os técnicas/os) deben asinar algún dos anexos da solicitude de subvención?
Non, como técnicos/as non precisan asinar ningún dos anexos. Poderá suceder que na súa persoa concorran outros roles, como persoa solicitante ou representante desta, pero o farán en calidade de tal.
Ao pé de cada documento indícase quen debe asinalo.
Cal é a Ordenanza do Concello de Betanzos que regula o Informe de Avaliación de Edificios?
Betanzos conta cunha Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles, publicada no Boletín oficial da provincia da Coruña núm. 17, do 23 de xaneiro de 2024. O Título III regula o Informe de Avaliación de Edificios en desenvolvemento da normativa autonómica.
Ligazón á Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do Concello de Betanzos
Onde se regula o contido do Libro do Edificio Existente (LEEx)?
O Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia, contén un Anexo I no que relaciona os contidos mínimos do LEEx, aos efectos do dito Real Decreto e, por
extensión, da subvención do Plan de barrios en Betanzos.
Ligazón ao Real Decreto 853/2021
DEMANDANTES DE VIVENDA
A xestión das solicitudes de vivendas protexidas e todo o procedemento de asignación destas vivendas corresponde completamente ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia.
De xeito moi xeral e centrado na casuística aplicable a Betanzos, podemos atoparnos os seguintes tipos de vivendas protexidas:
- Vivendas de promoción pública (VPP) promovidas directamente polo IGVS ou cualificadas como tal. Dentro delas hai que distinguir dous subtipos:
- Vivendas de protección oficial de promoción pública, que poden estar en calquera parte do municipio de Betanzos.
- Vivendas cualificadas en núcleos rurais e en barrios históricos, que son as que o IGVS está a rehabilitar no Casco Histórico de Betanzos dentro do Programa Rexurbe. Son adxudicadas sempre en réxime de aluguer SEN opción de compra (art. 29 do Decreto 253/2007).
- Vivendas de protección autonómica (VPA) promovidas por un promotor público ou privado en execución de políticas públicas de vivenda. Tamén o serían as promovidas para uso propio por comunidades de propietarios, cooperativas, asociacións ou por unha persoa individual co fin de que constitúa a súa residencia habitual e permanente, sempre que o IGVS así as cualifique.
A solicitude dunha vivenda protexida require da inscrición da persoa interesada no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, que depende do IGVS. A Oficina de Rehabilitación de Betanzos pode colaborar coas persoas interesadas en facer a súa inscrición resolvendo algunhas dúbidas.
A inscrición como demandante de vivenda ten os seguintes obxectivos:
- A nivel particular, participar nos procedementos de asignación de vivendas con algún réxime de protección para destinalas a residencia habitual e permanente.
- De xeito colectivo, permite ás administracións coñecer a demanda existente para planificar políticas e actuacións.
A presentación do formulario pode ser telemática (na sede electrónica da Xunta de Galicia) ou presencial (entregando os impresos nun Rexistro).
Se precisa máis información pode contactar co IGVS ou coa Oficina de Rehabilitación.
XILÓFAGOS
A Oficina de Rehabilitación do Concello de Betanzos pon a disposición da cidadanía unha canle sinxela e áxil para que esta aporte información coa que mellorar o coñecemento da situación do parque inmobiliario de Betanzos, de xeito que sirva para orientar futuras políticas municipais de conservación. Bastará con cumprimentar o seguinte formulario:
A cumprimentación deste formulario NON suporá a incoación de expediente ningún. No caso de pretender denunciar o estado de conservación dalgún inmoble deberá facelo coa presentación do correspondente escrito na sede electrónica municipal, no Rexistro ou por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A información aportada NON será publicada en ningún caso de xeito individualizado ou recoñecible.
A Oficina de Rehabilitación do Concello de Betanzos dispón dunha lista de difusión de novidades mediante correo electrónico. Os avisos serán en relación ás posibles axudas para a realización de obras, rehabilitación, vivenda, etc. no ámbito do municipio de Betanzos, tanto dentro como fóra do Casco Histórico.
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Os Puntos de Información Catastral son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral. De acordo co Convenio subscrito coa Dirección Xeral do Catastro, o Concello de Betanzos ofrece á cidadanía este servizo nas oficinas municipais.
Servizos ofertados:
- Información de carácter xeral e particular de inmobles.
- Asesoramento sobre obrigacións co Catastro.
- Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
- Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el. Por tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos. Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitudes de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
Nos supostos en que se actúe como representante ou autorizado do titular catastral deberase achegar a correspondente documentación acreditativa:
- Orixinal do documento acreditativo da representación ou da autorización, ou ben copia dos mesmos, previa exhibición dos documentos orixinais.
- Copia do DNI do autorizante que se acompañará ao escrito de autorización.
- Formularios de solicitude de información nos PIC e modelo de autorización do titular catastral.
Dirección:
(P.I.C.) Praza de Galicia, 1, 15300 Betanzos
Horario atención ao público:
- Persoal administrativo: de 8:00 a 14:00 horas e de luns a venres
- Arquitecta municipal: Mércores e venres de 09.30-13.30
- Arquitecta técnica municipal: Martes e xoves de 09.30-13.30
Datos contacto:
- Teléfono: 981 776 528
- Fax: 981776529
- NNSS de planeamento urbanístico do concello de Betanzos, aprobadas definitivamente en data 28 de novembro de 1996 (BOP nº 19, de 24 de xaneiro de 1997).
- Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico (BOP nº 92, do 23 de abril de 2001).
Sistema de Informacion de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia (Inventario Municipal)
