GRUPO DE GOBERNO

Dña. María Barral Varela | Alcaldesa

Delegada de Servizos Sociais e Igualdade

Un dos principais retos do actual equipo de goberno é promover un progresivo achegamento da institución a toda a cidadanía de Betanzos.
Nese proceso, a páxina web municipal será unha ferramenta fundamental, unha páxina sinxela, completa de contidos, accesible para encontrar o que se busca e enche de información útil e tamén ociosa.

Nesta páxina encontrarás a cidade de sempre e a que busca o futuro. Unha cidade aberta ao mundo que destaca, entre outras moitas cousas, pola súa historia, paisaxe, gastronomía e a súa xente. Un grande espazo de intercambio social e cultural, un ámbito de ilusión que crece e evoluciona para que todos e todas poidamos desenvolver os nosos proxectos persoais nun clima de dinamismo, respecto, convivencia e creatividade.
Nesta páxina os usuarios poderán encontrar os camiños para chegar a todas as prestacións que o Concello ofrece. Dende a simple información telefónica ata a tramitación de xestións administrativas, un portal electrónico para ter o Concello máis preto, para conseguir unha páxina web de dobre dirección: un panel para informar e para ser informados. Dende as ventás abertas que configuran esta páxina web, convídovos a compartir connosco as vosas ideas e proxectos, para, xuntos, deseñar, impulsar e desenvolver a Betanzos do futuro.

D. Diego Fernández López
D. Diego Fernández LópezPrimeiro Tenente de Alcalde
Delegación nos asuntos de Economía e Facenda, Contratación e Proxectos Europeos; Seguridade e Mobilidade; Urbanismo, Patrimonio e Casco Histórico.
D. Andrés Teijo Hermida
D. Andrés Teijo HermidaSegundo Tenente de Alcalde
Delegación nos asuntos de Persoal; Educación; Medio Ambiente, Parques e Xardíns e Obras Públicas e Servizos.
Dª Ana Belén Veiga Pita
Dª Ana Belén Veiga PitaTerceira Tenente de Alcalde
Delegación nos asuntos de Cultura; Normalización Lingüística; Honras e Distincións e Turismo.
Dª María de los Ángeles Veiga López
Dª María de los Ángeles Veiga LópezCuarta Tenente de Alcalde
Delegación nos asuntos de Comercio, Hostalaría e Industria; Festas; Promoción Económica; Feias e Mercados.
D. Ricardo Cheda Faraldo
D. Ricardo Cheda FaraldoQuinto Tenente de Alcalde
Delegación nos asuntos de Mocidade e Innovación; Formación e Emprego; Deportes e Participación Cidadá.