DATOS DE CONTACTO
Praza da Constitución, 1, 15300 Betanzos
MERCADO MUNICIPAL
Dirección:
Rúa Pescadería, 1, 15300 Betanzos
Produtos:
- Carnes e peixes.
- Verduras e hortalizas.
- Delicatessen.
- Viños e licores.
- Aceites, froitas e outros.
Horarios:
- Mañás de 8:00 am. a 2:00 pm.
- Tardes de 6:00 pm. a 9:00 pm.
Peixaría Paula
Peixaría Laura y Chus
A Artesa da Moza Crecha
Carnicería Chelo
La Tienda de José
Carnes e Pitos Inés
MERCADOS E FEIRAS
O mercado realízase no Concello de Betanzos para estimular o desenvolvimiento agrario da comarca de Betanzos e facilitarlle á poboación o abastecemento de produtos naturais da terra de consumo diario.
Localización: Praza Irmáns García Naveira.
Días: Martes, xoves e sábados de cada semana menos vésperas e posteriores a días de Feira.
Vendedores/as: Son os mesmos produtores dos artigos da horta da Comarca de Betanzos.
Produtos: Unicamente excedentes da horta producidos na Comarca de Betanzos.
Realízanse no Concello de Betanzos como unha maneira de desenvolvimiento da comunidade ,de dinamización e produción da comarca para estimular o intercambio económico mantendo esta forma de comercio tradicional.
Localizacións:
- Feira do gando no recinto feiral de Bellavista. Degustación de polbo no recinto de pulpeiras.
- Feira tradicional na Praza irmáns García Naveira, o canto de Claudio Pita, Rúa do Castro e todo o Centro histórico. Días: 1 e 16 de cada mes, non sendo a do 1 de decembro que se realiza o 30 de novembro.
Horario: de 9:00 am. a 2:00 pm.
Produtos:
- Alimentación: Froitas, hortalizas e verduras, patacas, queixos do país e curados, ovos, embutidos, produtos do forno e churros.
- Xeneral: Téxtil e calzado.
- Outros: Artesanía e bixutería.
- De tempada: Árbores froiteiras, plantas e flores.
- Mostra de Viños da Terra e produtos das Mariñas, mes de setembro na Praza García Irmáns.
- Merca Betanzos, mes de setembro na Praza García Irmáns.
- Semana da tortilla de Betanzos.
- Semana do Pincho.