DATOS DE CONTACTO
INSTALACIÓNS
Instalaciones deportivas municipais de Betanzos. Situadas na Avda. do Carregal compóñenas un Polideportivo, unha piscina cuberta climatizada, unha piscina descuberta e un pavillón Polideportivo. Para poder desfrutar de todas estas instalacións hai diversas maneiras:
- A retirada dun vale para ese día
- Anotándose a calquera actividade
- Facéndose abonado: Mediante o pago dunha cota mensual poderase facer uso libre da piscina climatizada, da sala de musculación e das saunas e ademais beneficiarase do 30% de desconto en todas as actividades que se desenvolven nas Instalacións.

Piscina cuberta climatizada:
O seu horario de apertura é de 7.30 horas a 22.15 ininterrompidamente. Conta con sauna feminina e masculina e sala de masaxe. Nesta piscina realízanse cursos de iniciación e perfeccionamento para adultos e nenos nun horario moi amplo, así como grupos de rehabilitación e terapia. Outra forma de empregar esta instalación é “por libre” e o único requisito que se esixe é saber nadar.

Piscina descuberta:
Situada no entorno da piscina cuberta.O seu horario de apertura é de 3 a 8 h da tarde, ata o 15 de setembro.

Polideportivo:
Esta instalación abre ao público ás 7.30 horas pechando normalmente ás 00.30 horas. Conta cunha ampla sala de musculación, atendida en todo momento por monitorers especializados nesta materia, o seu horario é de 7.30 da mañá a 22.30 da noite ininterrompidamente. No pavillón realízanse normalmente, cursos de mantemento físico de adultos, mantemento barra ao chan, aerobic, fútbol sala, patinaxe, taekwondo, tenis, así como a preparación de probas físicas para oposicións, a distintas horas do día, complementando estas actividades en verán con outras máis lúdicas como xogos, campamentos urbanos etc.
Ao mesmo tempo tamén adestran clubs com o Troula de Fútbol-Sala, o Santo Domigo de baloncesto, o Shin-Gy-Tay de Kárate; celébranse ligas, copas e torneos locais de futbol sala, xóganse partidos de liga dos clubs anteriormente citados e realízanse exhibicións dos equipos das escolas deportivas (taekwondo, fútbol-sala, etc).

Pistas polideportivas exteriores:
Nelas pódese practicar, fútbol-sala , baloncesto, tenis etc e o seu uso é totalmente gratuíto.
GALA DO DEPORTE
A Concellería de Xuventude, Deporte e Tempo de Lecer do Concello de Betanzos, organiza anualmente unha Gala do Deporte. O obxectivo da gala é que se recoñeza o traballo, a traxectoria e os logros dos deportistas e das entidades deportivas betanceiras, establecendo os galardóns previamente na Comisión de distincións e honras do Concello.
Neste evento anual o Concello de Betanzos destaca o labor que realizan as entidades ao longo do ano con actividades diversas para “promover o deporte en todas as súas modalidades e en todos os ámbitos nos que participan”.
Celébrase no mes de decembro.
ESCOLAS MUNICIPAIS
O Concello de Betanzos ten como obxectivo principal fomentar a práctica de distintos deportes. As escolas deportivas municipais fan accesible a todos os betanceiros a práctica dun deporte de calidade.
As entidades traballan ao longo do ano con actividades diversas para promover o deporte en todas as súas modalidades e en todos os ámbitos nos que participa. Este traballo posibilitou que ao longo dos anos os clubs e deportistas de Betanzos destacasen tanto a nivel autonómico e nacional como a nivel internacional, conseguindo varias medallas en competicións europeas.
Club BTT Caimanes
Club Shin-gi-tai karate
Club Ciclista Betanzos
Club Náutico Ría de Betanzos
Betanzos Club de Fútbol
Club Baloncesto Santo Domingo
Club Caneiros Kickboxing
Club Taekwondo Known
Club Xadrez Betanzos
Club Atletismo As Mariñas