DATOS DE CONTACTO
Cita Previa de atención ao público martes, mércores e xoves de 09:00 h a 14:00 h. [email protected]
Os servizos sociais comunitarios constitúen o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais. Teñen carácter predominantemente local, e están referenciados a un territorio e a unha poboación determinados.
Factores como o envellecemento demográfico ou as situacións de exclusión social obrigan a dedicar unha especial atención ás políticas sociais, destinadas prioritariamente aos colectivos máis vulnerables da sociedade.
PROGRAMAS

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS
Son a canle de acceso ao sistema de servizos sociais, co que se garante a universalidade do sistema e a proximidade a toda a veciñanza. Desenvolverán as súas funcións de maneira estruturada, por medio dos seguintes programas e servizos:
É a porta de entrada aos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos, e polo tanto, onde se valoran as situacións de necesidade e os problemas sociais, proporcionándolles información, orientación e asesoramento, de acordo cos dereitos sociais e recursos dispoñibles.
Desde este programa facilítase información de forma individualizada ás persoas, có fin de orientalas e asesoralas sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de servizos sociais, apoiandoas na tramitación de todas elas ou mobilizando os recursos dispoñibles que máis se adapten a cada problemática.
Así mesmo, préstase información sobre outros sistemas de protección social: educativo, sanitario óu de vivenda.
Conxunto de atencións prestadas ás persoas ou familias no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
Poderán ser atencións de carácter persoal, domésticas, de acompañamento persoal e atencións de carácter psicosocial. Unha vez garantido o nivel básico de atención poderán incorporarse outras actuacións de carácter complementario.
As horas de atención que se prestarán ás persoas dependentes virá determinada polo seu grao de dependencia. Nos restantes casos serán os servizos sociais os que establezan a intensidade horaria do mesmo.
Existen duas modalidades na prestación do servizo:
- SAF para persoas dependentes valoradas a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia (SAAD). O acceso para estas será prioritario e directo, e será o concello o que proceda a incluílas no servizo consonte o programa de asignación de recursos do antedito SAAD e a lista de agarda na que se inclúen en función do grao de dependencia outorgado.
- SAF para as persoas sen recoñecemento de dependencia, as cales, previa solicitude, e logo da prescrición técnica das traballadoras sociais, accederán en réxime de libre concorrencia en aplicación dun baremo público que no que se valoran os déficits de autonomía, os factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que poidan dificultar a normalización social e a calidade de vida.
O servizo é cofinanciado entre a administración local, autonómica e as persoas usuarias, que aportarán unha parte do custo do servicio en función da súa capacidade económica no caso das persoas dependentes.
Enmarcados neste programa, o concello conta con outros servizos de atención domiciliaria que pretenden contribuir a que as persoas permanezan nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable:
Servizo integral de apoio ás familias que se atopen en situación de dificultade, có obxectivo de promover procesos de cambio que favorezan a mellora da autonomía, a convivencia ou o exercicio das responsabilidades familiares.
Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social.
Ademais das axudas que se tramitan e derivan a outras administracións, e das accións puntuais que se realizan desde este Departamento, o Concello conta con programas municipais destinados a satisfacer necesidades básicas naquelas unidades familiares en situación de precariedade que de algunha forma se impliquen na realización de accións encamiñadas a lograr superar a situación de exclusión na que se atopan.
Facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulsa o asociacionismo solidario e en especial a organización e coordinación do voluntariado social.
Ao redor da conmemoración do 28 de xuño, Día da Diversidade sexual, o Concello de Betanzos pon a disposición da comunidade betanceira Be igualdade, un novo servizo permanente de información e asesoramento para adolescentes e familias en materia de diversidade sexual e identidade de xénero.
Este servizo depende dos Servizos Sociais comunitarios, a través da área de igualdade, polo que aquelas persoas con interese en realizar unha consulta, concertar unha entrevista ou pedir máis información, poden chamar ao teléfono: 981.77.07.07 ou poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: marta.pineiro@
Para descargar o díptico do servizo prema aquí.

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS
Desenvolven programas e xestionan centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado.
Baixo o marco do III Plan de Igualdade do Concello de Betanzos, vertébrase este programa, có obxectivo de buscar a implicación de toda a comunidade para velar pola non discriminación e para promover a igualdade entre mulleres e homes, eliminando os obstáculos que a impiden introducindo a perspectiva de xénero en todas as áreas municipais dunha maneira transversal.
Na busca dese obxectivo, tentaranse desenvolver unha batería de actividades recollidas no Plan agrupadas nas seguintes áreas de actuación:
- Área de concienciación e sensibilización social.
- Área de promoción e participación política e social
- Área de formación, emprego e conciliación da vida familiar e laboral
- Área de promoción da saúde
- Área de Violencia de xénero
- Área de cultura
IV Plan de Igualdade (Descarga o documento completo del plan)
O Concello ven desenvolvendo no ámbito territorial da Agrupación de Concellos de Betanzos integrada polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Coirós e Oza-Cesuras, distintos programas e actuacións en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas dende o ano 2002 de xeito ininterrompido.
As sustancias mais consumidas no territorio son principalmente alcohol, tabaco e cannabis polo que basicamente se fomentarán actuacións relacionadas ca información e formación sobre estas substancias, sexan legais ou ilegais, así como realización de actividades de ocio saudable e fomento de habilidades de afrontamento e educación para a saúde nos distintos ámbitos de actuación.
Os programas preventivos desenvólvense nos seguintes ámbitos de actuación:
- Escolar: coa prevención de consumo de drogas entre a poboación escolarizada mediante programas específicos e a intervención socioeducativa nas aulas dos centros educativos.
- Familiar: mediante programas e actividades preventivas como o Grupo de Nais e Pais pola Saúde con reunión periódicas de nais e país.
- Xuvenil: levando a cabo distintas actuacións preventivas de condutas adictivas con poboación xuvenil e fomentando hábitos saudables entre mozas e mozos. Tamén neste ámbito realizanse intervencións formativas nas autoescolas para promover una condución responsable e sen consumo de drogas por parte da mocidade.
- Laboral: fomentando espazos de traballo saudables con información específica para as empresas e as persoas que traballan en elas.
- Prevención de tipo transversal: con información e sensibilización da poboación en xeral sobre as drogas e os seus efectos mediante campañas informativas sobre drogas legais e ilegais ademías das chamadas adiccións se substancia. Ademáis lévanse a cabo charlas con asociación e distintos colectivos sobre condutas adictivas.
Neste ámbito tamén realízase formación de distintos mediadores sociais en prevención.
Tódalas actividades desenvólvense tendo en conta a perspectiva de xénero.
O Servizo Municipal de Transporte Adaptado é un dispositivo de apoio á mobilidade persoal, prestado desde os servizos sociais municipais de atención comunitaria a aquelas persoas que presenten dificultades de movilidade para realizar desprazamentos. Diariamente, realízanse os traslados das persoas usuarias, prioritariamente ás consultas médicas, para o cal hai establecidos catro horarios de recollida de usuarios e usuarias nos domicilios e outros tantos de retorno.
O obxectivo xeral é contribuir a ampliar a esperanza de vida activa e saúdable dos maiores, mantendo a autonomía e a independencia, e promovendo a súa participación e presencia na sociedade.
Dentro do mesmo desenvólvense distintas actividades municipais encadradas no programa “Coidate”, relacionadas có mantemento da saúde: escola de costas, tratamento termal con estancia en balneario, obradoiro de memoria.
En canto a equipamento específico, o concello conta con un centro de maiores, de carácter aberto, que pretende ser un espazo para a convivencia que lles permite manter e ampliar as relacións sociais, contribuindo a evitar o aillamento e a soidade.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTIAGO DE LA FUENTE” conta con equipamiento diúrno de carácter educativo e asistencial que ten por finalidade favorecer o desenvolvemento harmónico e integral das nenas e nenos e apoiar ao labor educativa da propia familia e facilitar o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.
Ademais da atención educativa, conta con servizo de comedor.
Dentro do horario de apertura do centro, de 07.30 a 18.00 horas, as persoas usuarias poden optar pola xornada de mañá (de 7,30 a 15h.) ou xornada escolar (de 10 a 18h).
O custo do servizo depende da capacidade económica da unidade familiar das crianzas.

Conservatorio municipal de música “Carlos López García-Picos” Curso 2023/2024
Datas de interese: VER Información xeral curso 2023-24. VER Solicitude [...]
O Concello de Betanzos, en agrupación con Oza-Cesuras e Paderne, pon en marcha o Servizo de Atención Temperá, dentro do marco da Rede Galega. O departamento de servizos sociais do Concello de Betanzos é o responsable da coordinación do mesmo.
A unidade conta con tres profesionais: psicólog@, terapeuta ocupacional e logopeda.
Persoas destinatarias: as nenas e nenos dos tres concellos de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou que se atopen en risco de padecelos, así como as súas familias e o seu entorno.
Principios reitores: Universalidade, Igualdade, Responsabilidade pública, Descentralización e cercanía, Coordinación entre os sistemas sanitario, educativo e os servizos sociais, a Integración social, o Interese superior da/o menor, Prevención, Gratuidade, Interdisciplinariedade e alta cualificación profesional, Diálogo e participación familiar e Calidade.
Horario: prestarase durante todo o ano de luns a xoves de 9 a 14h e de 16 a 19h e os venres de 9 a 14h.
COLECTIVOS

Factores como o envellecemento demográfico ou as situacións de exclusión social obrigan a dedicar unha especial atención ás políticas sociais, destinadas prioritariamente aos colectivos máis vulnerables da sociedade.
INMIGRACIÓNS
- Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
- Axudas de inclusión social (AIS)
Información específica complementaria:
- Informes da CA e de Entidades Locais en procedementos de estranxeiría.
- Reagrupamento familiar.
- Información sobre trámites e procedementos de estranxeiría
- Procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira
EMIGRANTES RETORNADOS
EQUIPO
