Descrición
Cartel Descargar
Folleto informativo. Descargar
Solicitude de matrícula. (PDF editable). Descargar
Información detallada de como facer a matrícula na sede electrónica
A matrícula será do 12 ao 29 de setembro:
-
Na sede electrónica do Concello de Betanzos (sede.betanzos.gal).
-
No Rexistro xeral do Concello de Betanzos.
-
Nas oficinas de Correos.
-
En calquera oficina de asistencia en materia de rexistros da Administración.
Para aquelas persoas que presenten a súa matrícula a través da sede electrónica do Concello débese utilizar o procedemento xenérico e neste anexar a solicitude de matrícula debidamente cuberta.
-
Premar no destacado da EMuF na páxina web do Concello (novas.betanzos.es)
-
Descargar o impreso de solicitude de matrícula, cúbreo e pulsar en gardar.
-
Entrar na Sede Electrónica do Concello (sede.betanzos.gal)
-
Premar no trámite “Solicitude Xeral” e iniciar o trámite (on line)
-
Premar en Entrar [email protected]
-
Elixir o método de identificación: [email protected] ou DNIe/Certificado Electrónico > Acceder
-
Premar en Solicitude
-
Cubrir os campos que aparecen co asterisco (*) no apartado datos identificativos > Siguiente
-
Expoño: “Achego no documento anexo a solicitude para a EMuF”. Solicito: “Matricularme na EMuF no curso 2022/2023”.
-
Gardar e avanzar, en documentación adicional subir a solicitude de matrícula gardada previamente.
-
Gardar, avanzar e asinar a solicitude e descargar o xustificante de presentación.