GRUPO DE GOBERNO

Dña. María Barral Varela | Alcaldesa

Delegada de Servizos Sociais e Igualdade

Un dos principais retos do actual equipo de goberno é promover un progresivo achegamento da institución a toda a cidadanía de Betanzos.
Nese proceso, a páxina web municipal será unha ferramenta fundamental, unha páxina sinxela, completa de contidos, accesible para encontrar o que se busca e enche de información útil e tamén ociosa.

Nesta páxina encontrarás a cidade de sempre e a que busca o futuro. Unha cidade aberta ao mundo que destaca, entre outras moitas cousas, pola súa historia, paisaxe, gastronomía e a súa xente. Un grande espazo de intercambio social e cultural, un ámbito de ilusión que crece e evoluciona para que todos e todas poidamos desenvolver os nosos proxectos persoais nun clima de dinamismo, respecto, convivencia e creatividade.
Nesta páxina os usuarios poderán encontrar os camiños para chegar a todas as prestacións que o Concello ofrece. Dende a simple información telefónica ata a tramitación de xestións administrativas, un portal electrónico para ter o Concello máis preto, para conseguir unha páxina web de dobre dirección: un panel para informar e para ser informados. Dende as ventás abertas que configuran esta páxina web, convídovos a compartir connosco as vosas ideas e proxectos, para, xuntos, deseñar, impulsar e desenvolver a Betanzos do futuro.

D. Diego Fernández López
D. Diego Fernández LópezConcelleiro, Primeiro Tenente de Alcalde
Economía e Facenda, Obras Públicas e Servizos, Protección Civil e Persoal.
D. Andrés Teijo Hermida
D. Andrés Teijo HermidaConcelleiro, Segundo Tenente de Alcalde
Educación, Deportes, Urbanismo, Casco Histórico e Patrimonio.
Dª María de los Ángeles Veiga López
Dª María de los Ángeles Veiga LópezConcelleira, Terceira Tenente de Alcalde
Comercio, Hostalaría e Industria, Protocolo e Festas.
D. María Jesús Regueiro Sánchez
D. María Jesús Regueiro SánchezConcelleira, Cuarta Tenente de Alcalde
Promoción Económica, Formación e Emprego e Dinamización do Casco Histórico.
Dª Ana Belén Veiga Pita
Dª Ana Belén Veiga PitaConcelleira, Quinta Tenente de Alcalde
Cultura e Normalización Lingüística.
D. José Luis Lagares Crespo
D. José Luis Lagares CrespoConcelleiro
Eficiencia Enerxética, Transportes, Medio Ambiente e Medio Rural.
D. Pablo Beade Pérez
D. Pablo Beade PérezConcelleiro
Mobilidade, Turismo, Tráfico e Seguridade.
D. Andrés Pandelo Torres
D. Andrés Pandelo TorresConcelleiro
Mocidade, Novas Tecnoloxías, Transparencia e Información Cidadá.

CARGOS ELECTOS

Partido Socialista Obrero Español

Partido Popular

Bloque Nacionalista Galego