Descrición

Next Generation EU é o instrumento de recuperación posto en marcha pola Unión Europea para facer fronte ás consecuencias socioeconómicas da crise do Covid-19. Este instrumento de de recuperación é temporal e de emerxencia e os seus obxectivos principais son:

  • Mitigar o impacto socioeconómico da pandemia de Covid-19
  • Garantir unha recuperación xusta para as economías de todos os estados membros.
  • Preservar e crear emprego.

O Plan de Recuperación da UE é un paquete de traballo ambicioso e completo que combina o Marco Financeiro Plurianual clásico cun extraordinario esforzo de recuperación destinado a abordar os efectos dunha crise sen precedentes, no interese da UE.

Para garantir unha aplicación efectiva do Plan de Recuperación para Europa, os fondos de Next Generation EU canalízanse a través dos instrumentos e programas do Marco Financeiro Plurianual, dotándoos dun maior financiamento para aliñar o futuro marco financeiro coas necesidades de recuperación e as prioridades estratéxicas.

Dos 750 000 millóns de euros da axuda europea NGEU, máis do 18% foi destinado a España dado que foi particularmente afectada pola crise do Covid-19 e por ser un país cuxa economía é altamente dependente do sector turístico.

O Concello de Betanzos está tramitando e xestionando fondos NGEU de acordo coas directrices emitidas por entidades decisorias ou executoras dos fondos destinados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para a transformación do municipio a través do financiamento que ofrece o Plan de Recuperación para Europa.

11-06-2024 Plan medidas antifraude. Descargar

11-06-2024 Declaración institucional sobre loita contra o fraude. Descargar

11-06-2024 Enlaces de interese. Descargar


INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS EMPRESAS E A CIDADANÍA

11-06-2024 Informacion de interese mercado abastos. Descargar

11-06-2024 Información de interese mercados sostibles. Descargar