BENVIDOS
Un dos principais retos do actual equipo de goberno é promover un progresivo achegamento da institución a toda a cidadanía de Betanzos.
Nese proceso, a páxina web municipal será unha ferramenta fundamental, unha páxina sinxela, completa de contidos, accesible para encontrar o que se busca e enche de información útil e tamén ociosa.
Nesta páxina encontrarás a cidade de sempre e a que busca o futuro. Unha cidade aberta ao mundo que destaca, entre outras moitas cousas, pola súa historia, paisaxe, gastronomía e a súa xente. Un grande espazo de intercambio social e cultural, un ámbito de ilusión que crece e evoluciona para que todos e todas poidamos desenvolver os nosos proxectos persoais nun clima de dinamismo, respecto, convivencia e creatividade.
Nesta páxina os usuarios poderán encontrar os camiños para chegar a todas as prestacións que o Concello ofrece. Dende a simple información telefónica ata a tramitación de xestións administrativas, un portal electrónico para ter o Concello máis preto, para conseguir unha páxina web de dobre dirección: un panel para informar e para ser informados. Dende as ventás abertas que configuran esta páxina web, convídovos a compartir connosco as vosas ideas e proxectos, para, xuntos, deseñar, impulsar e desenvolver a Betanzos do futuro.
XESTIÓNS
Acceso directo ás principais xestións
TABOLEIRO DE ANUNCIOS
![cultura2](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/10/cultura.jpg)
O Departamento de Cultura atópase no segundo piso da Casa Consistorial, situado na Praza Constitución, 1, 15300 Betanzos.
Consulta as últimas noticias culturais, todos os programas que levan a cabo no municipio ao longo do ano, así como as actividades máis destacadas.
Bota unha ollada aos edificios municipais e aos servizos que ofrece este departamento aos betanceiros.
![cultura2](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/10/deporte.jpg)
O Departamento de Deporte atópase no segundo piso da Casa Consistorial, situado na Praza Constitución, 1, 15300 Betanzos.
Consulta as instalacións deportivas municipais e infórmache de como gozar delas. Atopa neste apartado todo sobre a gran Gala do Deporte de Betanzos, que se celebra anualmente para premiar o esforzo, traballo, a traxectoria e os logros dous deportistas e das entidades deportivas betanceiras.
Ademáis das últimas noticias sobre este departamento.
![educacion-xuventude](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/04/educacion-xuventude.jpg)
O Departamento de Educación atópase Praza da Constitución, 1, 15300 Betanzos.
A través de este departamento poderas acceder e informarte dos distintos centros e instalación educativas.
![educacion-xuventude](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/12/xuventude_home.jpg)
O Departamento de Xuventude atópase na Rúa Emilio Romay, 15300 Betanzos.
O Concello ten a disposición dos betanceiros unha OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL.
Infórmache dos cursos gratuítos orientados á procura de emprego e a formación continuada para a xuventude.
![cultura2](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/12/URBANISMO_home.jpg)
O Departamento de Urbanismo atópase na Praza de Galicia 1, 15300 Betanzos.
Este departamento conta cos seguintes servizos: urbanismo, rehabilitación e infraestruturas.
![cultura2](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/12/normalizacion_home.jpg)
O Concello de Betanzos dispón dun Servizo de Normalización Lingüística como ferramenta indispensable no proceso de normalización da lingua galega a nivel municipal.
Os seus obxectivos principais son incrementar o uso social da lingua, contribuír á galeguización da Administración local e mellorar a calidade das producións lingüísticas.
![cultura2](https://concello.betanzos.es/wp-content/uploads/2017/10/servicios_sociais.jpg)
O Departamento de Servizos Sociais atópase na Praza Emigrante 1, 15300 Betanzos.
Infórmache sobre os programas e os servizos municipais.