Loading...

DATOS DE CONTACTO

Praza de Galicia 1, 15300 Betanzos, A Coruña.

Fax +34 981 77 65 29
+34 981 77 65 28
Mo,Tu,We,Th,Fr 9:00 am – 2:00 pm
For privacy reasons Google Maps needs your permission to be loaded. For more details, please see our Aviso Legal.
I Accept

URBANISMO E CATASTRO

Punto de Información Catastral, Oficina Municipal de Rehabilitación e Planeamento Urbanístico.

Contacto

INFRAESTRUCTURAS E CONTRATACIÓN

Redacción de proxectos, contratación de obras, servizos e subministros; e xestións do Perfil do Contratante.

Contacto

OFICINA DE REHABILITACIÓN

Rehabilitación do patrimonio construído e a mellora da calidade das condicións de vida da cidadanía.

Contacto

OFICINA DE REHABILITACIÓN

A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Betanzos informa, asesora e xestiona a tramitación de axudas, aos particulares que deciden rehabilitar as súas vivendas, de acordo co que establece o Plan Estatal de Vivenda vixente.

O equipo da Oficina é un apoio en todo o proceso de rehabilitación, pola capacidade técnica e a proximidade á cidadanía e residentes.

Xestións que leva a cabo:

  • Asesora e informa ao público das actuacións que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e realiza o seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda.
  • Realiza as visitas técnicas necesarias das actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais.
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.

Contacto:

  • Enderezo: Praza da Constitución s/n (Casa Consistorial) 15300 – Betanzos
  • Tél.: 981 773690
  • Fax: 981 774285
  • e-mail:[email protected]

O Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, está regulado no Real decreto 233/2013, do 5 de abril, actualmente prorrogado no marco do Real Decreto 637/2016, do 9 de decembro.

As axudas previstas neste Plan consisten en subsidiacións de préstamos convidos e subvencións orientadas a fomentar as actuacións que se enmarquen nalgún dos seguintes programas en que se estrutura o Plan, sempre que se cumpran os requisitos que se esixan e dentro das disponibilidades presupuestarias existentes:

  1. Programa de subsidiación de préstamos convidos.
  2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda.
  3. Programa de fomento do parque público de vivenda en aluguer.
  4. Programa de fomento da rehabilitación edificatoria.
  5. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas.
    • Ver pestaña Axudas na ARI de Betanzos
  6. Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios.
  7. Programa para o fomento de cidades sostibles e competitivas.
  8. Programa de apoio á implantación e xestión do Plan.

Serán actuacións protexibles as obras de rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares no medio rural, e en vivendas ou edificios de vivendas no ámbito dunha área de rehabilitación declarada conforme o procedemento previsto no decreto de referencia, así como as promocións de vivenda que estean, ou estiveran, acollidas ao réxime de promoción pública, e as actuacións de rehabilitación de carácter illado acollidas ao Plan Estatal de fomento de alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, posibilita a implantación en Galicia deste Plan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a publicación da Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro (BOE núm. 292, do 03/12/2014) tras a sinatura, o día 05/09/2014, do convenio de colaboración para a implantación do plan en Galicia (DOG núm. 206 do martes, 28 de outubro de 2014).

A Orde do 09/03/2015 da CMATI establece as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan Estatal 2013-2016 de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, tras ela asínase o Acordo da Comisión Bilateral entre a Administración do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos, que posibilita a regulación e apertura das correspondentes convocatorias para poder solicitar as subvencións en materia de rehabilitación

Solicitudes:

O mércores 29/11/2017 publicáronse no BOP núm. 227 as bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar subvencións nas áreas de rehabilitación.O día 11 de decembro de 2017 publícase no Bop da Coruña o extracto da convocatoria.

Prazo de solicitude: 2 meses a partir do día seguinte ao da publicación no BOP do extracto da convocatoria, e dicir ata o día 12 de febreiro de 2018.

Posteriormente aprobouse unha ampliación plazo de presentación solicitudes ata o día 12 de marzo de 2018.

Normativa:

Novo Plan de Vivenda 2018-2021:

Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora de Acceso á Vivenda 2015-2020 (Plan REHAVITA)

            Acceso Plan Vivenda Galego

O Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda é o primeiro que elabora íntegramente a Xunta de Galicia e nace co obxectivo principal de crear liñas de axudas que faciliten o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial.

O Plan rehaVita, que se porá en marcha de xeito inmediato, articúlase arredor de catro eixos que se desenvolven a través de programas de actuación. Estes eixos son:

  1. Acceso á vivenda, que se desenvolverá a través dos seguintes programas:
  2. Rehabilitación de vivendas e renovación urbana, conta cos seguintes programas de actuación:
    • Programa 1. A rehabilitación illada.
    • Programa 2. Rehabilitación directa polo IGVS.
    • Programa 3. Áreas de Rehabilitación Integral.
    • Programa 4. Outras actuacións de Rehabiltación.
  3. Prevención da exclusión residencial, cos seguintes programas:
    • Programa 1. Vivenda de inserción
    • Programa 2. Realoxamento de afectados por execucións hipotecarias
    • Programa 3. Programa de apoio a situacións de emerxencia residencial
  4. Outras medidas en materia de vivenda.

O Casco Histórico de Betanzos declarouse Área de Rehabilitación Integral (ARI) no ano 2.002, para favorecer a rehabilitación e poder obter as axudas económicas que establece o Plan Estatal de Vivenda.

A ARI comprende a totalidade do ámbito do barrio histórico declarado Conxunto Histórico Artístico o 31 de decembro de 1970 e a sua zona de protección (o barrio da Ribera), e os barrios antigos da Magdalena e Nosa Señora dos Remedios.

A finalidade destas axudas é a de potenciar o uso residencial e asegurar a diversidade social e o realoxamento, se é o caso, da poboación existente, con suxeición ás normas do plan urbanístico vixente e ás disposicións sobre eliminación de barreiras arquitectónicas, promoción da accesibilidade e mellora da eficiencia enerxética dos edificios.

Con data 05/09/2014 asinouse o Convenio de financiamento entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento, para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. A efectividade das liñas de axudas previstas no Plan determinase tras a publicación da Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro (BOE núm. 292, do 03/12/2014).

O día 17/03/2015 publicouse no DOG núm. 52 a Orde do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que regulan o Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016, a cal posibilita a solicitude de axudas nas ARIs, con vixencia ata o 31/12/2016.

Tras as firmas, o día 26/10/2017, dos Acordos da comisión bilateral entre a Administración do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos, no marco do RD 637/2016, do 9 de decembro, polo que se prorroga o Plan Estatal de vivenda 2013-2016 (BOE núm. 86 do 10/04/2013), o Concello de Betanzos aprobou as Bases reguladoras e convocatoria pública das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Betanzos e a sua zona de protección, así como os barrios da Magdalena e de Nosa Señora do Camiño, o mércores 29/11/2017 publicándose no BOP núm. 227 as bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar subvencións nas áreas de rehabilitación e o día 11 de decembro de 2017 publícase no Bop da Coruña o extracto da convocatoria.

As Bases entran en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP. O importe máximo da subvención é do 35% do custo subvencionable das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e unha contía máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 15.000 euros (excluídos impostos, taxas e tributos).

Cómpre recordar que aquelas edificacións que necesiten o Informe de avaliación de edificios (IAEd), deberán contar con el con data anterior ao da solicitude de subvención.

Prazo para solicitar as subvencións e anexos:

O mércores 29/11/2017 publicáronse no BOP núm. 227 as bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar subvencións nas áreas de rehabilitación.O día 11 de decembro de 2017 publícase no Bop da Coruña o extracto da convocatoria.

Prazo de solicitude: 2 meses a partir do día seguinte ao da publicación no BOP do extracto da convocatoria, e dicir ata o día 12 de febreiro de 2018.

Posteriormente aprobouse unha ampliación plazo de presentación solicitudes ata o día 12 de marzo de 2018.

Como trámite previo á solicitude de subvención, realizarase a visita previa de inspección, a cal levará a cabo a Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación.

Normativa:

Axudas na ARI dos Camiños de Santiago. Convocatoria 2017. Xuño 6, 2017

Axudas do IGAPE para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño e selección de entidades que participarán na xestión.Convocatoria 2017.

Axudas para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade. Convocatoria 2017.

Axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa. Convocatoria 2017.

Axudas para a rehabilitación con granito de fachadas. Convocatoria 2017.

Axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica. Convocatoria 2017.

Axudas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.

Subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal 2013-2016. Convocatoria 2017.

Subvencións ao informe de avaliación dos edificios (IAEd). Convocatoria 2017.

Axudas do Plan renove de fiestras para o ano 2017.

Oferta Pública de Adqusición de Inmobles en Betanzos polo Instituto Galego de Vivenda.

A Xunta de Galicia adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos de Betanzos, Ferrol, Lugo e Ourense para proceder á súa rehabilitación. Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe co que a Xunta de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas.

Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca un concurso público no que os propietarios interesados poderán ofrecerlle os inmobles da súa propiedade para que sexan adquiridos polo IGVS. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Betanzos, Ferrol, Lugo e Ourense, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.

Máis información

Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos cascos vellos dos catro concellos indicados e nas rúas que se establecen no cadro adxunto. Os inmobles deben reunir uns requisitos mínimos que permitan:

  • Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e habitabilidade
  • Non estar afectadas por servidumes ou cargas que podan facer inviable a actuación.
  • Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade

Ademais, o custe de adquisición non poderá superar o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona.

O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme a os criterios fixados na resolución, entre os que destacan:

  • Edificios que teñan un valor arquitectónico especial que aconselle a súa recuperación.
  • Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea emprazado.
  • Ofertas que contemplen a recuperación dunha mazá completa.

Os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen dun prazo de tres meses a contar dende a publicación no DOG da Corrección de erros da Resolución do 15 de decembro de 2017 (22 de xaneiro de 2018) para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo. Prevese que a adquisición en escritura pública se formalice no próximo verán e despois procederase á redacción dos proxectos de rehabilitación ou construción.

Prazo para presentación de solicitudes: Ata o 22 de Abril de 2018.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL

Os Puntos de Información Catastral son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral. De acordo co Convenio subscrito coa Dirección Xeral do Catastro, o Concello de Betanzos ofrece á cidadanía este servizo nas oficinas municipais.

Servizos ofertados:

  • Información de carácter xeral e particular de inmobles.
  • Asesoramento sobre obrigacións co Catastro.
  • Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
  • Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el. Por tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos. Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitudes de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

Nos supostos en que se actúe como representante ou autorizado do titular catastral deberase achegar a correspondente documentación acreditativa:

Dirección:

(P.I.C.) Praza de Galicia, 1, 15300 Betanzos

Horario atención ao público:

  • Persoal administrativo: de 8:00 a 14:00 horas e de luns a venres
  • Arquitecta municipal: Mércores e venres de 09.30-13.30
  • Arquitecta técnica municipal: Martes e xoves de 09.30-13.30

Datos contacto:

  • Teléfono: 981 776 528
  • Fax: 981776529