Loading...

DATOS DE CONTACTO

Praza do Emigrante 1, 15300 Betanzos.

Cita previa: [email protected]
+34 981 770 707
Mo,Tu,We,Th,Fr 9:00 am – 2:00 pm
For privacy reasons Google Maps needs your permission to be loaded. For more details, please see our Aviso Legal.
I Accept

Os servizos sociais comunitarios constitúen o  primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais. Teñen carácter predominantemente local, e están referenciados a un territorio e a unha poboación determinados.

Factores como o envellecemento demográfico ou as situacións de exclusión social obrigan a dedicar unha especial atención ás políticas sociais, destinadas prioritariamente aos colectivos máis vulnerables da sociedade.

Recompilación da lexislación en materia de servizos sociais.

Solicitudes e Trámites

PROGRAMAS

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS 

Son  a canle de acceso ao sistema de servizos sociais, co que se garante a universalidade do sistema e a  proximidade a toda a veciñanza. Desenvolverán as súas funcións de maneira estruturada, por medio dos seguintes  programas e servizos:

É a porta de entrada aos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos, e polo tanto, onde se valoran as situacións de necesidade e os problemas sociais, proporcionándolles información, orientación e asesoramento, de acordo cos dereitos sociais e recursos dispoñibles.

Desde este programa facilítase información de forma individualizada ás persoas, có fin de orientalas e asesoralas sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de servizos sociais, apoiandoas na tramitación de todas elas ou mobilizando os recursos dispoñibles que máis se adapten a cada  problemática.

Así mesmo, préstase información sobre outros sistemas de protección social: educativo, sanitario óu de  vivenda.

Persoas e familias empadroadas/residentes no Concello de Betanzos

As veciñas e veciños dirixiránse ao persoal administrativo de servizos sociais para solicitar unha primeira cita coa traballadora social que lle corresponda segundo a ubicación do seu domicilio. En función da demanda da persoa e a valoración das profesionais, resolverase no mesmo  programa ou derivarase a outros que completen esta atención.

Conxunto de atencións prestadas ás  persoas ou familias no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

Poderán ser atencións  de carácter persoal,  domésticas, de acompañamento persoal e atencións de carácter psicosocial. Unha vez garantido o nivel básico de atención poderán incorporarse outras actuacións de carácter complementario.

As horas de atención que se prestarán ás persoas dependentes virá determinada polo seu grao de dependencia. Nos restantes casos serán os servizos sociais  os que establezan a intensidade horaria do mesmo.

Existen duas modalidades na prestación do servizo:

  • SAF para persoas dependentes valoradas a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia (SAAD). O acceso para estas será prioritario e directo, e será o concello o que proceda a incluílas no servizo  consonte o programa de asignación de recursos do antedito SAAD e a lista de agarda na que se inclúen en función do grao de dependencia outorgado.
  • SAF para as persoas sen recoñecemento de dependencia, as cales, previa solicitude, e logo da prescrición técnica das traballadoras sociais, accederán en réxime de libre concorrencia en aplicación dun baremo público que no que  se valoran os déficits de autonomía, os factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que poidan dificultar a normalización social e a calidade de vida.

O servizo é cofinanciado entre a administración local, autonómica e as persoas usuarias, que   aportarán unha parte do custo do servicio en función da súa capacidade económica no caso das persoas dependentes.

  • Persoas maiores con déficits de autonomía.
  • Persoas con discapacidade.
  • Familias con menores a cargo con necesidades de apoio a nivel socioeducativo.
  • Familias en risco de exclusión social.

A través do programa de valoración, orientación e información.

Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG nº 22 do 2/02/2009)

Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia (DOG nº 86 do 6/05/2013

Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar  (BOP nº 59 de 27 de marzo de 2014)

Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do Servizo de axuda no fogar (BOP nº 51 de 17 de marzo de 2014)

Enmarcados neste programa, o concello conta con outros servizos de atención domiciliaria que pretenden contribuir a que as persoas permanezan nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable:

Servizo integral de apoio ás familias que se atopen en situación de dificultade, có obxectivo de promover procesos de cambio que favorezan a mellora da autonomía, a convivencia ou o exercicio das responsabilidades familiares.

Familias residentes na localidade, prioritariamente aquelas  que se atopen en situación de maior vulnerabilidade, risco ou crise, ou nas que se identifiquen outros factores que revelen situación de exclusión social( infancia e adolescencia, discapacidade, saúde mental, persoas maiores , adiccións…).

Este servizo pode ser demandado polas propias familias, solicitando unha primeira cita coa traballadora social,  ou ben propoñerllo as  profesionais de servizos sociais, do ámbito educativo ou de saúde , onde se detecten problemáticas susceptibles  da inclusión no mesmo.

Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social.

Ademais das axudas que se tramitan e derivan a outras administracións, e das accións puntuais que se realizan desde este Departamento, o Concello conta con programas municipais  destinados a satisfacer necesidades básicas naquelas  unidades familiares en situación de precariedade que de algunha forma se impliquen na realización de accións encamiñadas a lograr superar a situación de exclusión na que se atopan.

Axudas para a adquisición de libros e material escolar dirixidas  ás familias con escasos recursos económicos para que poidan  facer fronte aos gastos derivados da escolarización das/dos seus fillas/os.

Persoas destinatarias

Alumnos e alumnas empadroadas/os no municipio que estean matriculados/as en centros educativos da localidade nos que se impartan ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria e cuxos ingresos económicos  familiares  non superen a renda máxima establecida nas bases de convocatoria destas axudas.

Como se accede

Os país e nais ou titores legal dos menores deberán solicitar a axuda presentando o modelo oficial de solicitude  no prazo que se estableza antes do inicio de cada curso escolar.

Normativa

Bases da convocatoria de bolsas para a adquisición de libros e material escolar curso académico 2018/2019 (BOP 185 de 27 de setembro de 2018)

Axudas destinadas a contribuir cós gastos orixinados polo comezo do curso universitario, gastos de transporte ou de estancia.

Persoas destinatarias

Alumnos e as alumnas empadroadas/os en Betanzos que cursen estudos  universitarios e/ou artísticos equivalentes,  e cuxos ingresos económicos da unidade familiar non superen a renda máxima establecida nas bases de convocatoria.

Como se accede

Os estudantes ou país, nais ou titures legais no caso de ser menores presentarán a solicitude no modelo oficial dentro do prazo que se estableza, xeralmente no último trimestre do ano.

Normativa

Bases da convocatoria de bolsas de estudos universitarios e/ou artísticos equivalentes para o curso académico 2017/2018  (BOP 222 de 22 de novembro de 2017)

Reparto mensual de productos de produtos básicos de alimentación  que complementa os realizados trimestralmente por Cruz Vermella dos alimentos procedentes do “Fondo de ayuda europea para los más necesitados”(FEAD).

Desde este programa tamén se da cobertura inmediata a situacións urxentes de carencia de alimentos.

Para o desenvolvemento do programa o Concello ten establecido un acordo de colaboración con Cruz Vermella.  

Persoas destinatarias

Son personas e familias empadroadas e residentes en Betanzos en situación de extrema vulnerabilidade producida por unha grave situación de precariedade económica.

Como se accede

As persoas poden solicitalo tanto na oficiña de Cruz Vermella como no Departamento de servizos sociais, donde as traballadoras sociais municipais valorarán si a situación é supceptible de incluirse no antedito programa.

Prestacións non periódicas de carácter económico destinadas a facer fronte a gastos específicos de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións carenciais, urxencias sociais ou situacións de exclusión social.

Cubriránse necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección: alimentos, vestiario, aloxamento; gastos sanitarios; impagos relacionados có uso e mantemento da vivenda habitual ou outros gastos excepcionais indispensables para previr a exclusión social. Constituirán un apoio á intervención social.

Persoas destinatarias

Persoas e unidades familiares en situacións ou risco de exclusión social que residan en Betanzos e estean empadroadas, con carácter xeral, alomenos con un ano de antelación á data de solicitude.

Como se accede

A través do programa de valoración, orientación e información.

 Normativa

Ordenanza municipal de emerxencia social (BOP 38 de 16 de febrero de 2009)

Facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulsa o asociacionismo solidario e en especial a organización e coordinación do voluntariado social.

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS

Desenvolven programas e xestionan centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado.

O Servizo Municipal de Transporte Adaptado é un dispositivo de apoio á mobilidade persoal, prestado desde os servizos sociais municipais de atención comunitaria a aquelas persoas que presenten dificultades de movilidade para realizar desprazamentos. Diariamente, realízanse os traslados das persoas usuarias, prioritariamente ás consultas médicas, para o cal hai establecidos catro horarios de recollida de usuarios e usuarias nos domicilios e outros tantos de retorno.

Veciñas e veciños de Betanzos que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou  situación de dependencia en calquera dos seus graos, así como aquelas persoas que  teñan recoñecida a existencia de dificultades de mobilidade que impidan a utilización de transportes colectivos. 

A través do programa de valoración, orientación e información.

Ordenanza reguladora da prestación do servizo de transporte adaptado (BOP nº 260 do 10 de novembro de 2007)         

O obxectivo xeral é contribuir a ampliar a esperanza de vida activa e saúdable dos maiores, mantendo a autonomía e a independencia, e  promovendo a súa participación e presencia na sociedade.

Dentro do mesmo desenvólvense distintas actividades municipais  encadradas no programa “Coidate”, relacionadas có mantemento da saúde: escola de costas, tratamento termal con estancia en balneario, obradoiro de memoria.

En canto a equipamento específico, o  concello conta con un centro de maiores, de carácter aberto, que pretende ser un espazo para a convivencia que lles permite manter e ampliar as relacións sociais, contribuindo a evitar o aillamento e a soidade.

Maiores empadroados e empadroadas que residan no termo municipal.

A través do programa de valoración, orientación e información.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTIAGO DE LA FUENTE” conta con equipamiento diúrno de carácter educativo e asistencial que ten por finalidade favorecer o desenvolvemento harmónico e integral das nenas e nenos e  apoiar ao labor educativa da propia familia e facilitar o acceso dos pais e nais ao mundo laboral. 

Ademais da atención educativa, conta con servizo de comedor.

Dentro do horario de apertura do centro, de 07.30 a 18.00 horas, as persoas usuarias poden  optar pola xornada de mañá (de 7,30 a 15h.) ou xornada  escolar (de 10 a 18h).

O custo do servizo depende da capacidade económica da unidade familiar das crianzas.

Poboación infantil de 0-3 anos con  prioridade no acceso aquelas e aqueles empadroados no concello.

Presentando a solicitude no prazo establecido que comeza o 1 de marzo e remata 31 do mesmo mes.

Regulamento de rexime interno (BOP nº102 de 2 de xuño de 2015)

Ordenaza fiscal nº14 reguladora das tasas por prestación do servizo (BOP nº 245 de 23 de decembro de 2015)

Baixo o marco do III Plan de Igualdade do Concello de Betanzos, vertébrase este programa, có obxectivo de buscar a implicación de toda a comunidade para velar pola non discriminación e   para promover a igualdade entre mulleres e homes, eliminando os obstáculos que a impiden introducindo a perspectiva de xénero en todas as áreas municipais dunha maneira transversal.

Na busca dese obxectivo, tentaranse desenvolver unha batería de actividades recollidas no Plan agrupadas nas seguintes áreas de actuación:

  • Área de concienciación e sensibilización social.
  • Área de promoción e participación política e social
  • Área de formación, emprego e conciliación da vida familiar e laboral
  • Área de promoción da saúde
  • Área de Violencia de xénero
  • Área de cultura

III Plan de Igualdade (Descarga o documento completo del plan)

Correo da Igualdade (Participación)

O Servizo de Comedor Escolar e de Madrugadores é un servizo educativo complementario encamiñado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ademais de supor un espazo para  a convivencia dos alumnos e alumnas no que se desenvolve un programa educativo onde se traballan aspectos relacionados co tempo de  ocio, o consumo responsable, a convivencia ou a educación para a saúde.

O servizo de comedor e o de madrugadores intenta adaptarse ás distintas necesidades das persoa usuarias, polo que a asistencia ao mesmo pode ser fixa, e dicir, durante todo o curso escolar, por meses naturais, por días soltos durante a semana ou de forma esporádica.

Ademais o servizo de madrugadores pódese solicitar con almorzó ou só con servizo de gardaría.

O horario de prestación é de luns a venres, excepto festivos, de 14h. a 16h. no caso do comedor e de de 7,30h. a 9,00 h. o servizo de madrugadores.

O custo do servizo depende da capacidade económica da unidade familiar e das características da mesma, no referido a situacións especiais que poden dar lugar a bonificacións.

Persoas destinatarias:

Alumnas e alumnos  de educación infantil e primaria do CEIP. Vales Villamarin, sen prexuízo de  ampliación a outros centros públicos do Concello  do mesmo nivel educativo.

Como acceder:

Os país e nais ou titures legal dos menores deberán solicitar o servizo no Departamento de servizos sociais no impreso normalizado  no prazo que se estableza. Fora do mesmo, admitiranse as solicitudes ata completar as prazas.

As persoas usuarias esporádicas solicitarano segundo  xurda esa necesidade.

Organización de campamentos urbans nos períodos vacacionais que, por un lado faciliten á poboación betanceira a conciliación da vida familiar e laboral,  e por outro acheguen  aos nenos e nenas ao entorno que lles rodea, impulsando o coñecemento da nosa cultura e tradicións, e promovendo valores de igualdade, colaboración, respecto e tolerancia no súa relación coas demais persoas.

Persoas destinatarias:

Rapazada  de 3 a 12 anos residente e empadroada no concello.

Como acceder:

Solicitando participar nas quendas elixidas dentro do prazo que se estableza, que coincidirá con carácter xeral có fin dos períodos lectivos escolares.

O Concello ven desenvolvendo no ámbito territorial da Agrupación de Concellos de Betanzos integrada polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Coirós e Oza-Cesuras, distintos programas e actuacións en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas dende o ano 2002 de xeito ininterrompido.

As sustancias mais consumidas no territorio  son principalmente alcohol, tabaco e cannabis polo que basicamente se fomentarán actuacións relacionadas ca información e formación sobre estas substancias, sexan legais ou ilegais, así como realización de actividades de ocio saudable e fomento de habilidades de afrontamento e educación para a saúde nos distintos ámbitos de actuación.

Os programas preventivos desenvólvense nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Escolar: coa prevención de consumo de drogas entre a poboación escolarizada mediante programas específicos e a intervención socioeducativa nas aulas dos centros educativos.
  • Familiar: mediante programas e actividades preventivas como o Grupo de Nais e Pais pola Saúde con reunión periódicas de nais e país.
  • Xuvenil: levando a cabo distintas actuacións preventivas de condutas adictivas con poboación xuvenil e fomentando hábitos saudables entre mozas e mozos. Tamén neste ámbito realizanse intervencións formativas nas autoescolas para promover una condución responsable e sen consumo de drogas por parte da mocidade.
  • Laboral: fomentando espazos de traballo saudables con información específica para as empresas e as persoas que traballan en elas.
  • Prevención de tipo transversal: con información e sensibilización da poboación en xeral sobre as drogas e os seus efectos mediante campañas informativas sobre drogas legais e ilegais ademías das chamadas adiccións se substancia. Ademáis lévanse a cabo charlas con asociación e distintos colectivos sobre condutas adictivas.

Neste ámbito tamén realízase formación de distintos mediadores sociais en prevención.

Tódalas actividades desenvólvense tendo en conta a perspectiva de xénero.

COLECTIVOS

Factores como o envellecemento demográfico ou as situacións de exclusión social obrigan a dedicar unha especial atención ás políticas sociais, destinadas prioritariamente aos colectivos máis vulnerables da sociedade.

  • Pensión non contributiva de xubilación
  • Prestación económica para persoas desprazadas ao estranxeiro durante a guerra civil
  • Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de PNC, FAS e SGIM
  • Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
  • Centros residencias
  • Centros de Día
  • Cando una persoa dependente valorada con calquera dos graos que recolle a Lei 39/2006  non teña a posibilidade de acceder a un servizo público, poderá solicitar o acceso a una prestación económica para financiar servizos de carácter privado de atención e coidado. Priorizaránse sempre os servizos  ás prestacións económicas.
  • Valoración e recoñecemento da situación de dependencia
  • Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia
  • Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual
  • Axudas técnicas
  • Programa de formación para coidadoras/es non profesionais
  • Programa de respiro familiar en balnearios
  • Centros residencias
  • Centros de Día
  • Centros do Imserso
  • Pensión non Contributiva de Invalidez
  • Complemento de Terceira Persoa
  • Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de PNC, FAS e SGIM
  • Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
  • Recoñecemento do grao de discapacidade
  • Servizo de axuda no fogar
  • Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual
  • Termalismo Social IMSERSO
  • Programa de Respiro Familiar 
  • Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán
  • Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
  • Programa de Vacacións IMSERSO – COCEMFE para persoas con discapacidade
  • Centros de atención a persoas con discapacidade
  • Centros de Recuperación de Persoas con Discapacidade Física do IMSERSO (CRMF)
  • Centros de Atención a Persoas con Discapacidade Física do IMSERSO (CAMF)
  • Residencias para maiores de 50 con discapacidade intelectual
  • Tarxetas de accesibilidade: tarxeta de estacionamento e tarxeta de persoas usuarias
  • Servizo de Teleasistencia para persoas con autonomía
  • Servizo municipal de transporte adaptado.
  • Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal.
  • Solucións tecnolóxicas ás persoas con necesidades especiais: ViveLibre e SafetyGPS.
  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade.

  • Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal
  • Tarxeta Benvida: axuda económica para as familias polo nacemento dos fillos e fillas
  • Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
  • Bolsas municipales para adquisición de libros e material escolar
  • Bolsas de estudos universitarios e/ou artísticos equivalentes

Exencións/Bonificacións:

  • Título de Familia Numerosa
  • Carné familiar

Prazas:

  • Estadías nas residencias de tempo libre
  • Información básica  sobre os programas de adopción e acollemento familiar.
  • Servizo de Educación e Apoio Familiar.
  • Servizo de comedor escolar e madrugadores no CEIP Vales Villamarín.
  • Campamentos urbans de conciliación “Betanzos de cerca”.
  • Escola Infantil municipal “Santiago de la Fuente”
  • Escola infantil “ A Galiña Azul” dependente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
  • Axudas económicas para a atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos: Bono Concilia.
  • Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña.
  • Bono coidado para a atención a domicilio de menores de 12 anos.
  • Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
  • Axudas de inclusión social (AIS)
  • Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero
  • Centro de Información á Muller (CIM)

O concello  ten asinado un convenio de colaboración para a xestión compartida do CIM ubicado no concello de  Coirós, e ainda que desde os servizos comunitarios de Betanzos contamos có equipo técnico necesario para realizar unha primeira atención á problemática de muller, contamos coa posibilidade de derivalas a este centro, especializado en esa problemática determinada  e desde onde se lles presta  unha atención integral en diferentes ámbitos: xurídico, psicolóxico, social, laboral e, naqueles casos nos que as mulleres sexan vítimas de violencia de xénero, proporciona actuacións específicas en materia de protección.

  • Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
  • Axudas de inclusión social (AIS)
  • Información sobre programas de prevención e inserción social.
  • Unidad de prevencion de drogas.

INMIGRACIÓNS

  • Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
  • Axudas de inclusión social (AIS)

Información específica complementaria:

  • Informes da CA e de Entidades Locais en procedementos de estranxeiría.
  • Reagrupamento familiar.
  • Información sobre trámites e procedementos de estranxeiría
  • Procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira

EMIGRANTES RETORNADOS

  • Pensión asistencial por ancianidade para españois de orixe retornados (MTAS)
  • Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
  • Axudas destinadas a atender situacións de extraordinaria necesidade dos españois retornados (MTAS)
  • Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as (S.X. Emigració
  • Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
  • Axudas de inclusión social (AIS)
  • Axudas de emerxencia social municipal
  • Bolsas municipales para adquisición de libros e material escolar
  • Bolsas de estudos universitarios e/ou artísticos equivalentes

EQUIPO

Mercedes García PregoCoordinadora
Traballadora Social
Purificación Calviño RuanovaAdministrativo
Monserrat Pérez VázquezAdministrativo
Isabel Montes SánchezTécnico
Traballadora Social
Rita Ramos GarcíaTécnico
Traballadora Social
Natalia Montero RodríguezTécnico
Educadora Familiar
Marta Castaño NeiraTécnico
Educadora Familiar
Marta Díaz VarelaTécnico
Psicóloga
Juan Carlos Prados MorenoTécnico
Prevención de Drogas

LEXISLACIÓN XERAL

RECURSOS