Loading...

POLICÍA

O número total de policías integrantes no persoal da Policía Local de Betanzos é de 19, dos cales, hai un inspector xefe, un inspector, 3 oficiais e 14 axentes.

No exercicio das competencias que lles corresponden aos concellos, os corpos de Policía Local protexerán o libre exercicio dos dereitos e liberdades e cooperarán para garantir a seguridade cidadá e a consecución do benestar social, colaborando con outros axentes sociais, especialmente nos ámbitos preventivos, asistenciais e de rehabilitación.

A Policía Local forma parte das forzas e corpos de seguridade xunto á Garda Civil, Corpo Nacional de Policía e a Policía Autonómica. É un instituto armado de natureza civil, con estrutura e organización xerarquizada baixo a superior autoridade e dependencia directa do alcalde, ou o/a concelleiro/a en que este delegue.

De acordo cos disposto no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade, son funcións dos corpos de Policía Local as que se indican:

  1. Protexer ás autoridades das corporacións locais e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
  2. Ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito da súa competencia en chan urbano legalmente delimitado, de acordo co establecido nas normas de tráfico e seguridade viaria.
  3. Instruír atestados por accidentes de circulación no ámbito da súa competencia dentro do solo urbano legalmente delimitado.
  4. Policía administrativa, no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  5. Participar nas funcións de policía xudicial, na forma establecida na normativa vixente.
  6. A prestación de auxilio, nos casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, canto á execución dos plans de protección civil.
  7. Efectuar as dilixencias de prevención e todas as actuacións que tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade.
  8. Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas e corpos de seguridade do Estado e coa policía de Galicia na protección de manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
  9. Cooperar na resolución de conflitos privados cando sexan requiridos para iso.
  10. Calquera outra función en materia de seguridade pública que, de acordo coa lexislación vixente, lles sexa encomendada.
  11. Regulación do tráfico a diario nas entradas e saídas de centros escolares de primaria e secundaria.
  12. Vixilancia das zonas de aparcadoiro rápido.
  13. Patrullas diarias por todas as parroquias do municipio.
  • Enderezo: Rúa do Castro, 7 15300 Betanzos

  • Teléfono información, atestados e obxectos perdidos: 981 770 694

  • Teléfono urxencias: 981 770 602

  • Fax: 981 773 694

BOMBEIROS

persoal esta formado por: o Sarxento-Xefe do Parque: José Manuel Pérez Abrodos, os 5 Cabos-Xefes de Quenda e 12 Bombeiros.

  • ACCIDENTES DE TRÁFICO
  • ACTIVIDADES PREVENTIVAS
  • RETIRAR NIÑOS DE AVESPA VELUTINA
  • DERRUBAMENTOS
  • EXCARCERACIÓNS
  • FUGAS DE AUGA
  • FUGAS DE GAS
  • INCENDIOS VARIOS
  • INCENDIOS EN COLECTORES
  • INCENDIOS EN NAVE INDUSTRIAIS
  • INCENDIOS EN VEHÍCULOS
  • INCENDIOS EN VIVENDAS
  • INCENDIOS EN LOCAIS
  • INCENDIOS FORESTAIS
  • LIMPEZA DE ESTRADAS
  • MERCADORÍAS PERIGOSAS
  • OUTROS
  • RESCATE ANIMAL
  • RESCATE PERSOAS
  • SIMULACROS
  • SUBMINISTRACIÓNS DE AUGA

Área de actividade: 767,94 Km².
Poboación: 65.287 habitantes (fonte IGE 2009).
Municipios de actuación: Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Carral, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Vilarmaior.

Vehículos:

  • B.U.L.07
  • F.S.V.07
  • B.N.P.07
  • A.E.07
  • V.M.07
  • Enderezo: Polígono Piadela Sur, s/n, 15319 – Betanzos

  • Teléfono urxencias: 981 775 153

  • Fax: 981 774 680

PROTECCIÓN CIVIL

A agrupación de voluntarios/as de Protección civil do Concello de Betanzos constituíuse o 8 de agosto de 1986 e conta actualmente con 40 voluntarios/as activos/as.

Son funcións do voluntariado, entre outras, a promoción da prevención e autoprotección cidadá, así como a colaboración, auxilio e apoio aos servizos públicos de protección civil. Outras funcións son as relacionadas con actividades indicadas no Plan de Emerxencias Municipais (PEMU) e os plans de protección civil do sistema autonómico, aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

A protección civil ten como finalidade establecer unha organización con base a recursos municipais, contando coa colaboración de entidades privadas e a cidadanía (voluntarios/as), para garantir a coordinación preventiva e operativa con respecto á protección das persoas e bens ante os danos producidos en situacións de urxencia, en casos de grave risco, catástrofes e calamidades públicas, sen esquecer todo tipo de urxencias menores, mediante a realización de actividades que permitir evitar estes, reducir os seus efectos, reparar os danos e no seu caso tentar corrixir as causas produtoras deste.

Entre as actuacións máis comúns cualificadas como urxencias están os accidentes de tráfico, incendios urbanos e forestais, colaboración con OGA e Garda Civil, recuperación de animais, rescate e procura de persoas, loita contra a avespa asiática, atención a peregrinos/as, etc.

Canto aos servizos programados están as competencias deportivas (rallies, maratóns, BTT ciclistas…), as festas en Betanzos (feira medieval, festas patronais, globo, Caneiros), festas comarcais, cabalgatas de reis, etc.

Polas súas destacadas participacións en operativos a agrupación de voluntarios/as de Protección civil de Betanzos recibiu numerosos recoñecementos tales como a condecoración ao mérito civil outorgada polo rei Juan Carlos I, premio Garelo especial do Concello de Betanzos, Medalla de Ouro de Galicia, recoñecemento solidario ao servizo público outorgado polo ONCE e placa ao mérito colectivo na súa categoría Ouro outorgado pola Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios/as de Protección civil.

  • Enderezo: Polígono de Piadela Sur, s/n, 15319 Betanzos

  • Teléfono urxencias: 981 774 742

  • Fax: 981 774 668