Loading...
Deporte 2017-12-21T13:37:42+00:00

DATOS DE CONTACTO

Praza da Constitución, 1, 15300 Betanzos.
+34 981 771 792
Lu,Ma,Me,Xo,Ve 9:00 am – 2:00 pm

INSTALACIÓNS

Instalaciones deportivas municipais de Betanzos. Situadas na Avda. do Carregal compóñenas un Polideportivo, unha piscina cuberta climatizada, unha piscina descuberta e un pavillón Polideportivo. Para poder desfrutar de todas estas instalacións hai diversas maneiras:

  • A retirada dun vale para ese día
  • Anotándose a calquera actividade
  • Facéndose abonado: Mediante o pago dunha cota mensual poderase facer uso libre da piscina climatizada, da sala de musculación e das saunas e ademais beneficiarase do 30% de desconto en todas as actividades que se desenvolven nas Instalacións, no Solarium Vertical e no servizo de Masaxe.
Tipos de Abonados
 

Piscina cuberta climatizada:

O seu horario de apertura é de 7.30 horas a 22.15 ininterrompidamente. Conta con sauna feminina e masculina e sala de masaxe. Nesta piscina realízanse cursos de iniciación e perfeccionamento para adultos e nenos nun horario moi amplo, así como grupos de rehabilitación e terapia e unha Escola de Natación Federeada. Outra forma de empregar esta instalación é “por libre” e o único requisito que se esixe é saber nadar.

CONTACTO
 

Piscina descuberta:

Situada no entorno da piscina cuberta.O seu horario de apertura é de 3 a 8 h da tarde, ata o 15 de setembro.

CONTACTO
 

Polideportivo:

Esta instalación abre ao público ás 7.30 horas pechando normalmente ás 00.30 horas. Conta cunha ampla sala de musculación, atendida en todo momento por monitorers especializados nesta materia, o seu horario é de 7.30 da mañá a 22.30 da noite ininterrompidamente. No pavillón realízanse normalmente, cursos de mantemento físico de adultos, mantemento barra ao chan, aerobic, fútbol sala, patinaxe, taekwondo, tenis, así como a preparación de probas físicas para oposicións, a distintas horas do día, complementando estas actividades en verán con outras máis lúdicas como xogos, campamentos urbanos etc.

Ao mesmo tempo tamén adestran clubs com o Troula de Fútbol-Sala, o Santo Domigo de baloncesto, o Shin-Gy-Tay de Kárate; celébranse ligas, copas e torneos locais de futbol sala, xóganse partidos de liga dos clubs anteriormente citados e realízanse exhibicións dos equipos das escolas deportivas (taekwondo, fútbol-sala, etc).

CONTACTO
 

Pistas polideportivas exteriores:

Nelas pódese practicar, fútbol-sala , baloncesto, tenis etc e o seu uso é totalmente gratuíto.

CONTACTO

GALA DO DEPORTE

A Concellería de Xuventude, Deporte e Tempo de Lecer do Concello de Betanzos, organiza anualmente unha Gala do Deporte. O obxectivo da gala é que se recoñeza o traballo, a traxectoria e os logros dos deportistas e das entidades deportivas betanceiras, establecendo os galardóns previamente na Comisión de distincións e honras do Concello.

Neste evento anual o Concello de Betanzos destaca o labor que realizan as entidades ao longo do ano con actividades diversas para “promover o deporte en todas as súas modalidades e en todos os ámbitos nos que participan”.

Celébrase no mes de decembro.

ESCOLAS MUNICIPAIS

O Concello de Betanzos  ten como obxectivo principal fomentar a práctica de distintos deportes. As escolas deportivas municipais fan accesible a todos os betanceiros a práctica dun deporte de calidade.

As entidades traballan ao longo do ano con actividades diversas para promover o deporte en todas as súas modalidades e en todos os ámbitos nos que participa. Este traballo posibilitou que ao longo dos anos os clubs e deportistas de Betanzos destacasen tanto a nivel autonómico e nacional como a nivel internacional, conseguindo varias medallas en competicións europeas.

  • Club BTT Caimanes

  • Club Shin-gi-tai karate

  • Club Ciclista Betanzos

  • Club Náutico Ría de Betanzos

  • Betanzos Club de Fútbol

  • Club Baloncesto Santo Domingo

  • Club Caneiros Kickboxing

  • Club Taekwondo Known

  • Club Xadrez Betanzos

  • Club Atletismo As Mariñas