Loading...

DATOS DE CONTACTO

Praza da Constitución, 1, 15300 Betanzos.

Contacto: [email protected]
+34 981 770 100
Lu,Ma,Me,Xo,Ve 9:00 am – 2:00 pm

ÚLTIMAS NOVAS

NOVAS DE CULTURA

EDIFICIOS CULTURAIS

Edificio Liceo:

  • Aula de Cultura Xulio Cuns.
  • Sala Azul.
  • Sala de Esposicións Jesús Núñez.
  • Sala de Usos Múltiples.

Centro Cultural Santo Domingo

  • Cine Alfonsetti.
  • Museo das Mariñas.
  • Sede da Biblioteca Municipal Castelao.
  • Aula Cemit e Telecentro.
  • OMIX.
  • Arquivo Histórico.

Centro Cultural San Francisco

  • Conservatorio Municipal de Música.
  • Banda Municipal de Música.
  • Escola Municipal de Folclore (EMuF).
  • Grupo Azougue.
  • Camerata Brigantina.

SERVIZOS

 

Biblioteca Pública Municipal Castelao

Sita no Edificio Cultural Santo Domingo foi fundada en 1946 no antigo Colexio de Orfas e denominada “Castelao” según acordo plenario de 1980. A Biblioteca Pública Municipal Castelao ten un carácter comarcal con servizos de hemeroteca, sección Local e infantil, empréstitos, acceso gratuito e internet.

CONTACTO
 

Aula CeMIT

Co obxectivo de potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A AULA CEMIT do Concello de Betanzos dispón e 20 equipos con conexión a Internet, impresora, proxector, tv, servizo de videoconferencia. O Concello de Betanzos, ademáis conta cun Aula de informática: é un aula de traballo e ocio que dispón de 10 equipos con conexión a Internet. Este aula está aberta ao público cando na Aula CeMIT se están a impartir actividades formativas. Se queres ser usuario/a da aula CeMIT o único que tes que facer e cubrir a ficha de rexistro, para dispoñer do teu carne de usuario/a, e respectar as normas da aula. Todas as actividades son gratuítas.

CONTACTO
 

Arquivo Municipal

O Arquivo Municipal de Betanzos é un traballo de toda a cidadanía de Betanzos que a través das súas colaboracións e donacións sitúa a Betanzos coma o Concello de Galicia que maior volume de documentación histórica pon ó servizo dos cidadáns.
Dende aquí podemos acceder a:

SABER MÁIS
 

Museo das Mariñas

O Museo das Mariñas foi inaugurado o 25­ II­ 1983 e reinaugurado o 17­ V ­1993, logo da rehabilitación integral do edificio, que fora antigo convento de Santo Domingo (construído entre o s. XVI e o XVIII). Posto que Betanzos é unha cidade baixomedieval, recíbenos no Museo a figura dun home desa época, o posible médico de Fernán Pérez de Andrade a mediados ou na segunda metade do s. XIV (baleirado do orixinal da igrexa de S. Francisco). Con el introducímonos na sociedade medieval a través de numerosos sepulcros, dispostos segundo os tres clásicos estamentos: pobo, nobreza e clero. Entre estas imaxes temos a probable de Nuño Freyre de Andrade, Mestre da orde de Christus en Portugal, herdeira dos templarios. Tivo gran poder con Pedro I (1357-­1367), quen lle deu a criar ó Mestre de Avís, futuro Joãou I (1385-­1433). Cando Fernando I (1367­-1383) invade Galicia na súa loita pola Coroa de Castela, deixarao como Gobernador da Coruña (1369­-1371). Desprazado do poder nos seus últimos anos, debeu quedar en Galicia.

CONTACTO
 
SABER MÁIS

ACTIVIDADES

Tras un silencio musical de 25 anos, no ano 1990, o Excmo. Concello de Betanzos, acordou a creación da Escola Municipal de Música, sendo o seu director Antonio Cal, realizándose o primeiro concerto dos alumnos e alumnas da Escola, baixo a súa dirección, en decembro do mesmo ano. O Concello, para facer realidade un vello soño da Cidade, facilita instrumentos, uniformes e profesorado,coa fin de promocionar non unha nova Banda de Música, senón a continuación mediante unha ponte de 25 pilares (un por cada ano de silencio) de aquela outra Banda tan entrañable desaparecida no 1965. A presentación oficial da nova Banda,realizouse nas festas patronais de agosto de 1991, sendo acollida con agarimo e emoción por todos os betanceiros e betanceiras. A partir de aquí, os éxitos cóntanse por actuacións. Estas tiveron lugar en toda a xeografía galega, así como en diferentes comunidades autónomas: Castela­León, Canarias, Murcia etc. Tamén participou en programas da TVE e TVG, así como gravacións de radio. gravou o seu 1º disco con motivo do 10º aniversario da súa “refundación”, que tivo unha magnífica acollida e gozou de excelentes críticas. En decembro de 2005 a Banda realizou unha xira pola República Arxentina que culminou cun extraordinaio éxito no Teatro Avenida da cidade de Bos Aires.

Na actualidade a Banda, cos seus directores, Juan Antonio Ferrer e Raúl Galán, atópase nun período de maior esixencia de calidade, sempre tendo en conta que a Banda Municipal de Música de Betanzos é unha agrupación de músicos en formación, non profesionais. Formada por 60 músicos, interpreta un repertorio variado que vai desde a música clásica a comtemporanea pasando, evidentemente, pola música popular. Ao longo do ano desenvolve varios concertos e actuacións na cidade e fóra desta como son nas procesións de Semana Santa, organiza un Encontro de Bandas, participa no xa clásico Concerto Cidade de Betanzos, nos desfiles das festas patronais, o Concerto Extraordinario de Nadal, etc… Normalmente desenvolve os seus ensaios os sábados entre as 11:00 horas e as 14:00 horas na súa sede.

Este proxecto do que hoxe é unha xoven orquestra de cámara, viu a luz pública o sábado 14 de abril do 2007 no que foi o seu concerto de presentación na Aula Municipal de Cultura do edificio Liceo (Betanzos) cunha moi entusiasta acollida dun público consciente de que o nacemento desa formación era un feito de enorme importancia na historia musical da cidade. Baixo a batuta do director Florian Vlashi, violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia e director do Grupo Instrumental Século XX, a Camerata está formada por un grupo de instrumentistas principalmente da sección de corda, mais tamén das seccións de vento metal e percusión, segundo o repertorio. Ten como base o alumnado do Conservatorio Municipal de Música, o seu profesorado, ex­alumnado e outros novos talentos con paixóns e inquietudes cara á música clásica. En moitas ocasións, colaboran nos seus concertos o profesorado da Sinfónica de Galicia creando así unha excelente escola orquestral para a mocidade. O repertorio fórmase maiormente dos grandes mestres da música barroca e clásica mais tamén do romanticismo e do século XX sen esquecer a música española e galega clásica e contemporánea. Nas tempadas pasadas estreou obras dos compositores galegos Paulino Pereiro e Antón Vázquez Casas.

Á marxe dos habituais escenarios de concertos, a Camerata ofrece actuacións en escolas, centros da terceira idade, hospitais etc. Xa actuou en varios escenarios como o Museo de Arte Contemporánea Unión FENOSA da Coruña, na Residencia de Anciáns García Naveira, Colexio Nosa Señora do Carme ou pechando o programa de actividades navideño de 2007/2008 en Aula de Cultura interpretando unha das obras mestras de todos os tempos “As catro estacións” de Vivaldi. Fiel ao seu nome de orixe florentina (século XVI) e á súa filosofía da Italia renacentista, a Camerata Brigantina coida que a arte da música podería ser mellorada converténdose nunha forma de vida, e así a sociedade tamén melloraría.

Enderezo: Centro Cultural San Francisco Rúa dos Cabildos, n.º 1 15 300 Betanzos Tel.: 981 773 696 / 981 770 100

O obxectivo principal da Escola Municipal de Folclore é abrir novas perspectivas na educación en contidos de cultura tradicional, proporcionando as persoas que desexen achegarse a estes contidos a posibilidade de desenvolver as súas capacidades creativas e a súa sensibilidade artística, ademais de afondar no seu coñecemento da cultura tradicional que nos identifica como pobo. Preténdese tamén conseguir que a música e a danza teñan, para os nosos alumnos e alumnas, un compoñente lúdico, emocional e creativo, potenciando máis os aspectos pedagóxicos e sociais que os puramente didácticos, a través duns plans de contidos flexibles, e adaptados, no posible, as necesidades do alumnado. Hoxe, a Escola Municipal de Folclore traballa na liña das institucións que perseguen unha formación integral do seu alumnado co traballo de contidos que lle son propios, todos eles arredor da cultura tradicional galega.

Grupo de Baile Azougue

O Grupo de Baile Azougue foi presentado ao público de Betanzos con motivo das Festas Patronais de San Roque de 1994, e así, xorde dun traballo de varios anos, desde 1986, no ámbito do baile tradicional de Galicia por parte do Concello de Betanzos. O Grupo de Baile Azougue, que debe o seu nome á que é copatroa da cidade, Sta. María do Azougue, é unha parte importante da Escola Municipal de Folclore de Betanzos, que co seu alumnado aliméntao para manter o seu nivel artístico, tanto no baile como a nivel instrumental o no tocante ás cantareiras e pandeireteiras. De todo isto dan fe os seus éxitos en diferentes festas populares, a súa participación no programa “Luar” da Televisión de Galicia, as súas actuacións fóra da Comunidade como en Tapia de Casariego, Pola de Siero ou en Lugones (Asturias), nas festas do Rosario en Bullas (Murcia), na Romaría de Tegueste (Tenerife), nas festas de Quintanilla de Onésimo (Valladolid), en León, en Vila Praia de Âncora, en Chafé ou en Trofa­Porto (Portugal), Venta de Baños (Palencia), Terrasa (Barcelona), Miranda de Ebro (Burgos), Plasencia (Caceres), Calpe (Alicante), etc, tamén os seus premios en festivais e concursos como os organizados pola Asociación Xuvenil Xacarandaina da Coruña, a Asociación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Asociación Rosalía de Castro de Padrón, Asociación Cultural Terra de Sena de Cee ou a Asociación Airiños dos Carrís de Cerdido, entre outros. Co seu repertorio de bailes e diferentes vestiarios, ofrece un percorrido pola xeografía folclórica de Galicia, polas músicas, cancións, danzas e instrumentos, parte importante da nosa cultura. Este componse de pezas recollidas polo mesmo grupo e outros bailes e danzas montadas por outros grupos, mais sempre buscando interpretar o folclore, intentando lograr a maior pureza posible, pretendendo ser un exemplo vivo da arte popular galega transmitido pola tradición viva aínda en Galicia. O Grupo Azougue desenvolve a súa actividade ao longo de todo o ano, e os seus compoñentes son 25 rapaces e rapazas, entre corpo de baile, pandeireteiras­cantareiras e grupo de música tradicional.

O Conservatorio de Música de Betanzos nace na década dos oitenta, do século pasado, como filial do Conservatorio da Coruña pasando a depender exclusivamente del Excelentísimo Concello de Betanzos no ano 1990. O seu nacemento ten uns fins moi concretos:

  1. Proporcionar ás futuras xeracións de betanceiros una básica formación musical.
  2. Promocionar e canalizar a estudos superiores a aqueles alumnos con cualidades e talento musical (os numerosos e recoñecidos resultados avalan esta xestión).
  3. Facer de viveiro de novos compoñentes a ese proxecto ilusionantemente concibido e felizmente realizado que é a Banda Municipal de Música.

As especialidades instrumentais que se imparten son:

  • ­vento­madeira ­
  • vento­metal ­
  • corda ­
  • guitarra ­
  • piano ­
  • percusión

O claustro está composto por sete profesores. Existe un curso de Iniciación á Música para nenos e nenas menores de 8 anos. A idade regulada para poder matricularse no grao elemental é de 8 a 14 anos. A inscrición e a matrícula realízanse na oficina do Excelentísimo Concello de Betanzos (Praza da Constitución). O período de inscrición normalmente é do 1 ao 15 de xullo e o de matrícula a 1ª quincena de setembro. O curso adoita comezar os primeiros días de outubro e finaliza en xuño. O alumnado, ademais das aulas, acostuma participar en numerosas actividades complementarias para a súa formación como: clases maxistrais, cursos instrumentais e concertos.