BENVIDOS

Un dos principais retos do actual equipo de goberno é promover un progresivo achegamento da institución a toda a cidadanía de Betanzos.
Nese proceso, a páxina web municipal será unha ferramenta fundamental, unha páxina sinxela, completa de contidos, accesible para encontrar o que se busca e enche de información útil e tamén ociosa.

Nesta páxina encontrarás a cidade de sempre e a que busca o futuro. Unha cidade aberta ao mundo que destaca, entre outras moitas cousas, pola súa historia, paisaxe, gastronomía e a súa xente. Un grande espazo de intercambio social e cultural, un ámbito de ilusión que crece e evoluciona para que todos e todas poidamos desenvolver os nosos proxectos persoais nun clima de dinamismo, respecto, convivencia e creatividade.

Nesta páxina os usuarios poderán encontrar os camiños para chegar a todas as prestacións que o Concello ofrece. Dende a simple información telefónica ata a tramitación de xestións administrativas, un portal electrónico para ter o Concello máis preto, para conseguir unha páxina web de dobre dirección: un panel para informar e para ser informados. Dende as ventás abertas que configuran esta páxina web, convídovos a compartir connosco as vosas ideas e proxectos, para, xuntos, deseñar, impulsar e desenvolver a Betanzos do futuro.

0
Veciños (2023)
0.792M
Orzamentos (2023)

XESTIÓNS

Acceso directo ás principais xestións

FALA COA TÚA ALCALDESA

Poñendo luz sobre a actividade e a xestión municipal

TABOLEIRO DE ANUNCIOS